O BNG anima á veciñanza da Barbanza a “apostar polo equipo da casa”

25 Maio 2024

O BNG comezou a campaña electoral das europeas asegurando en Ribeira, este venres 24 de maio, que “Galiza xógase moito” nas eleccións europeas, de aí a importancia de “estar no Parlamento Europeo con voz propia, libre e sen ataduras para defender aos galegos e ás galegas”, recalcou o alcalde Luís Pérez Barral xunto á candidata ribeirense, Antía Alberte.

Pérez Barral explicou que o BNG concorre á cita electoral “coa ilusión e co ánimo de traballar para acadar o escano galego”. Segundo dixo, a candidatura do Bloque encabezada por Ana Miranda “é a candidatura de país”, a “que todos os galegos e galegas poden sentir como propia, sábeno ben as ducias de colectivos e os centos de persoas que foron a Bruxelas da man do BNG para trasladar as problemáticas e demandas dos nosos sectores produtivos, dos nosos concellos ou das diferentes loitas sociais. Se estiveron presentes no Parlamento Europeo todos estes temas relevantes para o país, foi grazas ao BNG”, sinalou.

A candidata ribeirense, Antía Alberte Maneiro, actual concelleira de Cultura, Medio Ambiente, Xuventude e Benestar Animal en Ribeira, animou a unha gran mobilización o 9 de xuño para reforzar o escano galego do Bloque da man de Ana Miranda que, segundo subliñou, servirá para defender os intereses do País en Bruxelas, pero tamén para contribuír á construción doutra Europa posible.

“O BNG aposta pola experiencia pero tamén mocidade, por iso animo a que todo o mundo vaia votar e confíe no proxecto que presentamos porque se non imos outros decidirán por nós e iso case sempre implica que deciden contra nós”, sinalou Antía.

Neste sentido, recalcou que o escano nacionalista servirá para defender os sectores produtivos porque temos un país con moito potencial e debemos ter a posibilidade de producir ao tempo que coidamos do medio.

“Somos o equipo da casa, o único que vai defender as cores de Galiza dende a razón e o corazón e con toda a nosa forza porque a nosa única lealdade é cos galegos e coas galegas”, concluiu Alberte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...