Ribeira e Vilagarcía, entre as localidades galegas que acollerán as vindeiras oposicións do ensino (a partir do 22 de xuño)

25 Maio 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, anunciou que as oposicións do ensino desenvolveranse en 15 localidades de toda Galicia a partir do vindeiro 22 de xuño, entre elas Ribeira e Vilagarcía. Fíxoo nunha visita ao Centro Autonómico de Innovación e Formación, acompañado polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez.

Román Rodríguez explicou que o seu departamento ten xa case lista toda a intendencia para organizar estas probas, nas que van participar 21.230 persoas, “que se examinarán non só nas capitais de provincia, senón tamén en vilas cabeceira de comarca como Ribeira, Lalín, O Carballiño ou Vilagarcía de Arousa”, puntualizou.

“Estamos a falar dunha enorme loxística que supón mobilizar 975 persoas para formar parte dos 195 tribunais que xulgarán o procedemento selectivo, un total de 2.730 persoas se contamos tamén os tribunais suplentes”, detallou o conselleiro. “En definitiva, un complexo operativo para garantir o óptimo funcionamento dun proceso de oposicións no que os aspirantes optan a 1.743 prazas”, engadiu.

O conselleiro quixo poñer en valor a aposta da Xunta “por consolidar a estabilidade do piar do sistema educativo público, os docentes galegos, na que en Galicia xa somos desde hai anos un referente estatal”. Neste sentido lembrou que o 86% das prazas son de novo ingreso e as restantes permiten ao profesorado avanzar na súa carreira docente.

Os exames desenvolveranse en 15 localidades das catro provincias galegas, en concreto na Coruña, Ames, Culleredo, Ferrol, Santiago de Compostela, Ribeira, Lugo, Castro de Rei, Ourense, O Carballiño, Pontevedra, Lalín, Ponteareas, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

O maior número de tribunais estará nas probas das especialidades do corpo de profesores de Ensino Secundario, un total de 102; mentres que para mestres haberá 76 tribunais, para profesores especialistas en sectores singulares da Formación Profesional haberá sete, para profesores de escolas oficiais de idiomas cinco, para a acreditación do coñecemento de idioma (galego e castelán) catro tribunais e para inspectores de educación un tribunal. 

Por provincias, haberá 84 na da Coruña, 22 na de Lugo, 23 na de Ourense e 66 na de Pontevedra. A provincia con máis opositores é, en consonancia, a da Coruña, con 9.049 opositores, seguida da de Pontevedra, con 7.586. Na de Lugo están inscritos 2.231 opositores e na de Ourense 2.364. 

Unha vez pechados os datos de inscrición, serán un total de 21.230 as persoas que concorran ás oposicións convocadas pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades neste 2024. Das 1.743 prazas convocadas, un total de 1.512 son de novo ingreso. Delas, 520 son para o corpo de mestres, 875 para o de profesores de ensino secundario, 84 do novo corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP e 33 de escolas oficiais de idiomas.

As xeito, as 231 prazas restantes son para que funcionarios docentes poidan acceder ao corpo de profesores de ensino secundario (220) ou ao de inspectores de educación (11).

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.