Belén Do Campo anuncia traballos de mellora no IES do Son e comprométese a axilizar os trámites do novo CEIP de Portosín

23 Maio 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, realizou este xoves 23 unha visita institucional ao concello de Porto do Son para reunirse co seu alcalde, Luis Oujo. No encontro debullaron os proxectos que ten actualmente en marcha a Xunta neste municipio. Do Campo lembrou en 2023 o Goberno galego investiu máis dun millón de euros en Porto do Son a través das distintas liñas de axudas e realizou “importantes obras”, dixo, “como as melloras do CEIP Santa Irene ou o novo comedor do CEIP de Portosín, a mellora das carpinterías da Casa do Concello ou a posta en valor do lavadoiro na praia de Gafa e camiños de accesos, así como a construción dun muro no noiro”.

A delegada da Xunta tamén recordou a actuación prevista no IES de Porto do Son que consiste na substitución da cuberta e unha pasarela de acceso ao polideportivo. Belén do Campo destacou que esta obra supón un investimento de máis de 435.000 euros.

No encontro tamén falaron do proxecto do novo CEIP de Portosín. O alcalde comprometeuse a entregar os terreos a finais do verán e a delegada trasladoulle o compromiso da Xunta de “axilizar ao máximo todos os trámites para contar con este novo colexio o antes posíbel”. Todas estas actuacións enmárcanse no Plan de Arquitectura Pedagóxica de Galicia para renovar as instalacións educativas adaptándoas ás necesidades do século XXI, lembrou a delegada.

Os dous representantes públicos coincidiron na necesidade de seguir reforzando os vínculos locais para contribuír ao desenvolvemento sustentábel dos municipios galegos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.