Os empresarios de Ribeira reclaman unha fronte común real entre as administracións a prol da consecución do novo polígono

22 Maio 2024
Francisco Martínez Gude, presidente da patronal ribeirense, nunha imaxe de Canalbarbanza.com

A Asociación de Empresarios de Ribeira emitiu un novo comunicado en relación ao proxecto do novo polígono local no que reclama aos grupos políticos que aparquen diferencias e fagan fronte común para lograr definitivamente a consecución do novo complexo empresarial de Pedras Vermellas, de gran importancia, sinalan, para o desenvolvemento económico e social da contorna ribeirense e da comarca.

“Dende a Asociación de Empresarios”, sinala a patronal a través do seu presidente Francisco Martínez Gude, “asistimos ás constantes noticias que aparecen reflectidas nos diferentes medios de comunicación respecto á consecución do tan ansiado polígono industrial, e a posibilidade da execución dun macro polígono entre os concellos da Pobra e Ribeira, e con respecto a estas dúas noticias queremos manifestar que a nosa posición era, é e segue sendo, conseguir que dunha vez por todas comecen as obras do polígono promovido polo noso Concello e polo cal apostamos”. A asociación recalca que “aínda que non nos opoñemos a calquera outra iniciativa que redunde nun beneficio para o noso tecido industrial, si somos conscientes dos prazos que hai que cubrir para lograr algunha destas ansiadas obras; é por iso que unha vez concluída a fase de expropiación dos terreos, pedímoslle aos nosos políticos, unha vez máis, remen xuntos para quitar adiante esta obra do polígono tan necesaria para a nosa sociedade”.

A patronal lembra que se está a traballar neste intre na posibilidades de conseguir financiamento para levar a cabo diferentes conceptos de obra como poden ser acometida de luz, auga e rede de sumidoiros, así como para outros conceptos que
fagan que o custo de metro de solo non se dispare e se manteña (ou baixe) nos parámetros que manexamos ata o de agora. Seguimos mantendo reunións cos diferentes organismos, con conselleiros e directores xerais da Xunta de Galicia, así como coa Deputación, entidades nas que atopamos unha excelente acollida de cara a nosas demandas, sen esquecernos así mesmo da variante, que tanto urxe ao noso saturado tráfico, para que se axilice a entrada e saída do municipio”.

A asociación recorda tamén que “a finais do mes de xuño esperamos poder celebrar unha reunión cos nosos socios e empresarios interesados, que desexen asistir, para informarlles máis exhaustivamente de como van as cousas ata o de agora e cales son as etapas que nos quedan por cubrir”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.