A Casa da Xuventude de Ribeira “reabre” este 24 de maio (e todos os venres pola tarde)

22 Maio 2024

A Casa da Xuventude de Ribeira segue pola senda de reactivación, logo de que o actual equipo de Goberno se comprometera a darlle unha segunda vida a unha infraestrutura que, por determinadas razóns, nunca chegou a dar pleno servizo. Segundo confirmou o Concello, abrirá o vindeiro venres 24 de maio para a prestación de espazos a actividades e obradoiros; co propósito de satisfacer as necesidades e aspiracións da mocidade de todo o termo municipal.

A Casa de Xuventude estará tamén aberta para todo aquel que queira gozar das instalacións; tódolos venres, de 17:00 a 21:00 horas.

Segundo anunciou a concelleira de Mocidade, Antía Alberte, despois dun “proceso de acondicionamento e da adquisición de mobiliario; estamos preparados para ofrecer o espazo para todas aquelas actividades multidisciplinares que favorezan o desenvolvemento persoal, social e profesional da nosa mocidade.”

Lembrou tamén este mes de maio que a Casa da Xuventude está pensada para ser “un punto de encontro inclusivo e dinámico onde cada mozo e moza poida atopar o seu lugar”. A concelleira salientou que dende o Goberno municipal “estamos abertos a calquera proposta para a realización de eventos, obradoiros ou charlas” e que a decisión de abrir tódolos venres (de 5 a 9 da tarde) responde ás demandas que recibiu a Concellería a través de redes sociais e logo de realizar un proceso de consulta mediante un pequeno formulario.

Algunhas das actividades que a Casa da Xuventude acollerá proximamente serán unha formación e obradoiro audiovisual, proposto pola Asociación Ribeira Crea, e un obradoiro de repostería creativa en inglés. “Agardamos que a Casa da Xuventude se converta nun espazo que reflicta e celebre a diversidade e o talento da nosa mocidade”, concluíu Alberte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.