Iniciada a reparación da rampla do peirao de Aguiño

22 Maio 2024

A empresa Audeca comezou os traballos de reparación da danada rampla do peirao de Aguiño, en Ribeira, unha obra longamente esperada pola confraría local e que requiriu máis dun ano de tramitación. O custo da actuación ascende a uns 40.000 euros.

A obra divídese en dúas fases. A primeira fase, de preparación, ten como obxectivo acondicionar a zona mediante o saneado das gretas e a eliminación de restos de morteiro con ferramentas manuais como o martelo picador, ademais da repicaxe de bordos nas gretas máis pequenas. Os operarios tamén están a realizar cortes no pavimento con serra en zonas específicas.

Portos de Galicia explicou que “a continuación levará a cabo a fase de reparación, na que se procederá ao recheo de todas as gretas con morteiro especial, deixando a superficie perfectamente nivelada”. Esta intervención é crucial para asegurar a funcionalidade e seguridade do peirao, beneficiando á comunidade pesqueira e outros usuarios do porto.

Remitida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.