Comeza a conta atrás para a andaina solidaria da Cruz Vermella Boiro: Camiño do Ouro II

22 Maio 2024

A praza de Galicia de Boiro será este sábado 25 de maio o punto de partida da Andaina Camiño do Ouro, segunda edición da camiñada nocturna e solidaria organizada pola oficina local da Cruz Vermella. O obxectivo é recadar fondos para facelos chegar ás familias en risco a través da dita organización humanitaria.

En palabras de Cruz Vermella Boiro, “esta iniciativa permítenos dispor de recursos para poder dar resposta ás necesidades das persoas da zona de influencia da nosa asemblea nas áreas de: inclusión, emprego, saúde,educación… Teremos actividades previas para os máis pequenos, e unha ruta onde poderemos desfrutar de magníficas vistas da nosa ría. Poñendo o broche final co sorteo de varios agasallos doados polo comercio local”.

As inscricións pódense facer a través da web da Cruz Vermella.

Coa nosa participación nesta andaina, ademais de realizarmos unha actividade comunitaria, saudábel e lúdica, estaremos facendo realidade que a Cruz Vermella en Boiro atenda a máis de 3.000 persoas… ademais, de ter a oportunidade de gañar 3.000.000 € co boleto do Sorteo do Ouro que recibiremos como agasallo pola nosa inscrición.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.