“Centro Empresarial da Construción” – José Manuel Pena

20 Maio 2024

A construción, como o resto de actividades laborais, é fundamental para o crecemento económico e social de calquera sociedade. No ano 2003 naceu, na comarca do Barbanza, o Centro Empresarial da Construción, co obxectivo primordial de unir, defender e dignificar ao sector e ás súas industrias auxiliares.

O CECB comezou con forza e valentía. Era un referente, non unicamente na Comarca senón en toda Galicia, para facilitar información, formación e financiamento para proxectos comúns tendentes á creación de emprego e de riqueza, tras a crise do ladrillo. Foron numerosos os cursos de formación, cursos técnicos sobre prevención e regas laborais, charlas profesionais, encontros sectoriais, procura de leitos de financiamento, liña directa con gobernante locais, provinciais e autonómicos para as aprobacións dos plans urbanísticos, creación ou ampliación dos polígonos industriais ou a construción de vivendas con destino, maioritariamente, a uso público e participación na toma de decisións.

Dúas décadas despois observamos, obxectivamente, un parón importante na xestión, a defensa e o futuro do CECB que podería levar á súa desaparición, en claro prexuízo deste importante sector laboral máxime nestes momentos no que todos os interlocutores políticos e gobernante do país apostan pola construción de novas vivendas, como quinto piar fundamental das políticas públicas.

J

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.