“As principais nacións pesqueiras deberán abordar unha resposta económica á descarbonización”- Antón Luaces

19 Maio 2024

Dado que a pesca é un sector produtivo alimentario que aporta proteína de primeira necesidade e da que dependen directamente 40 millóns de profesionais de todo o mundo, e cuxo peso económico, social e alimentario é especialmente relevante nas consideradas costeiras dos países en vías de desenvolvemento, os efectos da descarbonización na frota vai demorarse máis ca no caso dos buques mercantes: estes teñen fixado un límite no ano 2050 para acadar as “cero” emisións, e a pesca no 2100.

A alta dependencia dos combustibles fósiles na actividade pesqueira, cuxas lexislacións condicionan os mercados e a rendibilidade das frotas, e a incidencia do quecemento climático na propia pesca, sexa polo desprazamento de especies, a acidificación ou a suba do nivel do mar que ameaza as infraestruturas portuarias, son outros aspectos a ter en conta nesta encrucillada  á que se enfronta a frota pesqueira, unha das tres actividades económicas máis vulnerábeis ao cambio climático xunto coa agricultura e o turismo, pero cuxa contribución ás emisións mundiais de dióxido de carbono  é limitada: entre o 0,1% e o 0,5% do total mundial, o que equivale a entre 73 e 159 millóns de toneladas, cifra que hai que “coller con pinzas” segundo sinala no seu informe a UNCTAD (órgano para o comercio e o desenvolvemento da ONU) en relación  coa transición das frotas pesqueiras en oportunidades e desafíos para os países en desenvolvemento. Este informe fai unha radiografía das implicacións da descarbonización na pesca e formula a necesidade de acadar unha transición “xusta” que non afecte de xeito desproporcionado aos países e comunidades máis vulnerábeis. O citado informe, xunto a unha serie de recomendacións, tamén analiza  as diferentes solucións de propulsión limpa que están riba da mesa, fixando aos biocombustibles procedentes de subprodutos da pesca ou algas , así como de actividades da economía circular, como a alternativa máis prometedora. Pero advirte que a pesca está na cola da descarbonización dos sectores marítimos. 

A este respecto a UNCTAD insta ás potencias pesqueiras a actuaren tendo en conta que a transición enerxética do sector pesqueiro deberá abordarse coma unha resposta económica das principais nacións pesqueiras, entre as que figura (aínda que non se cite expresamente)  España.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.