Uns trinta profesionais do parque Nacional das Illas Atlánticas reciben formación en emerxencias sanitarias

17 Maio 2024

Unha trintena de profesionais do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia participaron nun curso para
adquirir formación no eido das emerxencias e evacuacións sanitarias, organizado pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
No marco da formación en primeiros auxilios sanitarios que periodicamente reciben axentes ambientais, vixiantes, guías, persoal de tripulación e cargos directivos, nesta ocasión impartiuse por primeira vez un curso específico en materia de evacuacións por vía
aérea e marítima.
Deste xeito, o persoal do parque nacional adquiriu habilidades para realizar unha correcta prevención, avaliación e xestión de emerxencias e/ou accidentes, así como coñecementos sobre os procedementos de comunicación máis eficaces. Máis polo miúdo, recibiron información sobre primeiros auxilios, soporte vital básico, comunicacións co 112 e o 061, e protocolos de evacuación.
A maiores da formación recibida nestas xornadas, este verán os profesionais deste espazo natural protexido disporán por primeira vez dunha mochila médica, que facilitará unha comunicación directa e permanente con persoal médico en terra.
Ademais, cómpre lembrar que, como todos os anos, no período de máxima afluencia -de xuño a setembro- as illas Cíes e Ons contan cun servizo de atención sanitaria presencial.

Sálvora

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.