Amantia Coello presenta este xoves en Rianxo as súas obras teatrais xuvenís completas

16 Maio 2024

Este xoves 16 de maio, ás 20:30 horas, celebrarase no Auditorio de Rianxo a presentación da obra Obras Teatrais completas (2017-2023) de Amantia Coello. Contarase coa presenza da autora e de Mari Santos, presidenta de Teatro Airiños.

Amantia Coello, directora de Teatro Airiños, presenta nesta escolma de pezas teatrais un conxunto de textos de teatro xuvenil, publicado polo selo noiés Toxosoutos.

No acto tamén participarán Sara Rial, María Alcalde e Noelia Fernández (alumnas da Escola de Teatro Airiños) e Julio Alcalde (concelleiro de Educación e Cultura)

Apertura e peche teatral a cargo do alumnado da Escola de teatro Airiños.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.