Dodro celebra as Letras con contacontos (este xoves), a presentación da obra gañadora do Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, unha exposición e teatro infantil

16 Maio 2024

Achégase o Día das Letras Galegas (este venres 16 de maio) e os Concellos da nosa comarca son un fervedoiro de actividades conmemorativas e de homenaxe a Luísa Villalta, festexada na edición deste ano. Por exemplo o Concello de Dodro, que celebrará as Letras Galegas durante o mes de maio. A primeira destas propostas é o contacontos Fogares de cores de Iolanda Eiras, este xoves16 de maio, ás 17.30 horas, na Casa da Cultura de Dodro.

O venres 17 de maio, ás 17.30 horas, o CPI de Dodro acollerá a presentación da obra gañadora do XXXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, As palabras do sur, de Manuel López Rodríguez. No acto acompañarán o autor representantes da editorial Chan da Pólvora, encargada do deseño e impresión do poemario, representantes municipais, familiares e veciños. O público asistente recibirá como agasallo un exemplar do libro premiado e desfrutará dun evento amenizado coa música e a poesía.

O martes 21 celebrarase a inauguración da exposición fotográfica Escenas da memoria de Dodro. Esta mostra reúne imaxes antigas da vida comunitaria do municipio e poderá visitarse de luns a venres entre ás 9.00 e as 14.00 horas na Casa do Concello.

A programación do mes das Letras Galegas rematará o venres 24 de maio, ás 17.30 h, na Casa da Cultura coa representación da obra Isaura e Tristán. Contastorias, de Inacio Vilariño de Fantoches Baj. Trátase dunha peza teatral de monicreques para público familiar baseado na novela de Luísa Villalta As chaves do tempo.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...