A creación do xardín veciñal da Ribeiriña continúa esta fin de semana

15 Maio 2024
Cartaz das anteriores convocatorias

O Concello da Pobra do Caramiñal informou que a fase de implantación do xardín veciñal na contorna do Centro Sociocultural da Ribeiriña continuará esta fin de semana, 18 e 19 de maio.

Esta iniciativa botou a andar no 20 de abril da man da Concellaría da Participación Veciñal da Pobra do Caramiñal xunto con Agrofloresta Viva, a Asociación de veciños Ribeiriña-Conchido e Senda Verde para a rexeneración paisaxística da referida zona seguindo a permacultura; unha forma de deseño de espazos sostíbeis. “Isto complementa a reforma integral do dito centro rematada a finais do 2023”, explicou o Concello.

Os obxectivos desta acción son “xerar espírito de comunidade mediante a co-creación dunha zona axardinada, descentralizar as propostas lúdico-formativas do núcleo urbano para levalas ao rural e aprender sobre xardinaría”.

A programación inclúe unha introdución á xardinaría rexenerativa; o deseño e creación do xardín veciñal; a selección de plantas adaptadas, perennes e multifuncionais; biopreparados e compostaxe para horta e xardín; círculo de saberes e tradicións; plantación e acolchado, deseño participativo de próximas actividades e xantar compartido. Tamén haberá mantemento durante todo o ano.

Poden formalizarse aínda as inscricións mediante o enderezo electrónico participacionvecinhal@gmail.com.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...