A Pobra fomenta as sinerxías entre o sector turístico e as persoas emprendedoras instaladas no Coworking

15 Maio 2024

A Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal deu este mes de maio un paso máis de cara á creación dunha rede entre as persoas emprendedoras instaladas no Coworking e o tecido empresarial. Desta volta, o Concello organizou unha xuntanza entre a iniciativa emprendedora Ama de Chaves e o empresariado do sector turístico para informar dos servizos de apoio que poden brindar aos aloxamentos (hoteis, pensións, casas de turismo rural, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico). Este encontro desenvolverase no luns 20, en horario de tarde, no propio centro de traballo colaborativo.

A Concellería informou que o obxectivo é “que as persoas que xestionan algún tipo de aloxamento turístico acheguen a súa opinión, recomendacións de mellora e información que consideren que as emprendedoras deberían ter en conta antes de iniciar a súa actividade”.

Deste xeito, a orientación do empresariado turístico servirá no proceso de validación dos servizos e prezos antes de dar de alta a actividade empresarial.

A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, explicou que se trata se establecer unha retroalimentación entre ámbalas partes, establecendo así unha rede de apoio e sinerxías entre as persoas emprendedoras e empresarias.

Cerecedo lembrou tamén que o Coworking da Pobra, incluído na Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo da Deputación da Coruña, formada por unha ducia de espazos de innovadores, é un lugar onde as persoas poden recibir asesoramento para analizar a viabilidade da súa idea de negocio. E, ademais, deste asesoramento, organízanse outras accións como as ditas xornadas para expoñer as ideas de negocio que abrollan do Coworking e valorar o interese que espertan entre a clientela potencial e persoas coñecedoras do sector.

Os aloxamentos interesados en formar parte desta rede e apoiar ás dúas emprendedoras do proxecto Ama de chaves poderán solicitar máis información e inscribirse á xuntanza a través do teléfono de contacto 981843280, marcando a extensión 2035.

Trátase do segundo encontro organizado pola Concellaría da Promoción Económica tralo efectuado no mes de abril coa cooperativa Kracia, tamén instalada no Coworking pobrense, cos seus servizos gratuítos para a transformación dixital do sector empresarial.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.