“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

15 Maio 2024

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde logo non é a única familia que padece esta situación de vulnerabilidade e o peor de todo é que as verdadeiras “vítimas inocentes” de todas as crises sempre son os nenos.

Non podemos esquecernos de que os nenos exercen pouco control sobre os acontecementos que experimentan (neste caso a malnutrición), que na súa maior parte viven determinados pola familia, a comunidade ou a sociedade na que viven. Os nenos experimentan unha clara indefensión cos efectos da crise e a escasa sensibilidade de moitos do nosoa gobernantes por non ter a suficiente valentía de querer mellorar a situación dos mesmos, en todas as ordes da vida, ao obxecto de poder dotarlles de maiores oportunidades.

Un futuro que se ve con certa desesperanza unha vez que estes miles de nenos, que padecen carencias básicas, van formar parte dun grupo humano tan numeroso que conseguirán que perdure a desigualdade social, contribuíndo á transmisión interxeracional da pobreza. A desigualdade, como quedou demostrado, chega a matar lentamente ademais de crear unha pésima calidade de vida, escasa formación, evidente falta de oportunidades, exclusión social e enfermidades crónicas.

Hai que ter claro que ten que existir un consenso xeneralizado, na nosa sociedade, sobre a imposibilidade dos nenos de cambiar a súa propia situación e, por tanto, sobre a importancia de ofrecerlles unha maior protección que aos adultos.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.