Cortada a circulación na estrada San Isidro a Sampaio por afundimento

03 Febreiro 2020

A última hora da tarde de onte unha fochanca obrigou a cortar a circulación na estrada que une San Isidro con Sampaio.

A Policía Local da Pobra tivo que desprazarse para axudar a un condutor cuxo turismo quedara afundido no vial. Os veciños denunciaran hai xa meses a existencia do buraco que acabo cedendo por mor das fortes chuvias das últimas semanas. O coche tivo que ser sacado por un guindastre, si ben a estrada quedou cortada o que obriga ós veciños de Sampaio a tomar un desvio por Montaña en Boiro para poder chegar á aldea.

Foto cedida

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.