Charla sobre a “Dislexia: Detección e estratexias de intervención” en Palmeira

04 Febreiro 2020

O CEIPP de Palmeira acollerá este xoves unha charla sobre a “Dislexia: Detección e estratexias de intervención” impartida por Paula Suárez, pedagoga experta en Intervención Social. A ponente conta cunha ampla experiencia en intervención con colectivos con necesidades educativas, directora de Positivando gabinete piso-pedagóxico, formadora no ámbito da educación e a igualdade, e socia-colaboradora e Coordinadora de Formación na Asociación TDAH Salnés.

Esta charla está organizada pola ANPA do CEIPP de Palmeira, e é posible grazas o programa ENAPA (Escola de Nais e Pais) do CAFI (Centro de Formación Autonómico) e a colaboración do Colexio (CEIPP Palmeira).

A charla está dirixida a pais, nais, titores, mestres…e calquera que teña interese en formarse nun tema de actualidade que preocupa os educadores de hoxe en día, pois a súa deteción nestas idades tempranas supón unha gran diferencia no éxito académico e evolutivo destes nenos e nenas.

Durante as duas hoars que dura a ponencia contarase con monitores de balde (financiados pola ANPA) para o coidado dos nenos/as.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...