O Concello de Boiro recibe unha subvención para a contratación de persoas en risco de exclusión social

14 Maio 2024

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración vén de outorgar unha subvención ao Concello de Boiro por importe de 23.786,64 euros para a contratación temporal de persoas en risco de exclusión social. O dito importe da axuda vai encamiñado á contratación de dous peóns durante nove meses, sendo o obxectivo desta subvención a contratación temporal de persoas en situación de risco ou exclusión social perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA), coa finalidade de achegarlles experiencia e práctica profesional precisas para facilitar a súa inserción laboral.

Deste xeito, con esta subvención vaise realizar a contratación de dous peóns para levar a cabo traballos de revalorización de espazos públicos urbanos. O persoal contratado prestará asistencia ás brigadas municipais en tarefas de limpeza e acondicionamento de espazos públicos como parques e outras zonas de paseo e tránsito peonil.

Engadir que a selección do persoal vaise realizar mediante unha selección de persoas demandantes non ocupadas a través dunha oferta de emprego específica do programa de contratación de persoas beneficiarias de RISGA nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.