“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

14 Maio 2024

Van aló máis de quince anos desque a Xunta, a través da consellería do Mar (antes, de Pesca) contempla o pasar do tempo mentras os mariscadores sachan, sementan e fan cálculos sobre as perdas económicas que supoñen os vertidos dos encoros e a carencia dunha política medioambiental que fala en silencio do desleixo dunha autoridade que exerce coma tal só á hora de sancionar.

Así quedou explicitado no mediodía deste luns na sede da delegación da Consellería en Ribeira onde, após catro meses sen novas ao respecto, os representantes dos mariscadores das rías de Arousa e Muros-Noia deixaron as súas queixas en escritos entregados ao responsable da devandita delegación para que os faga chegar ao conselleiro do Mar.

Protestan e demandan soluciòns para o saneamento das rías, ao tempo que anuncian a participación dos mariscadores na concentración de protesta contra a instalación da pasteira Altri que, ao tempo que consumirá inxentes cantidades de augas do Ulla e afluintes para producir celulosa, verterá lixo que, definitivamente, irá parar xusto ás rías nas que xa verten os encoros. Un panorama que fala claramente do abandono no que está  sumido o sector marisqueiro e que tanta fame ten quitado grazas ao traballo de sementeira realizado polos propios mariscadores que, dende uns días antes do Nadal de 2023, non reciben nen un euro que lles permita falar de, polo menos, subsistencia. 

Na ría de Noia, os mariscadores comparten medos e esperanzas cada vez que pensan nos bancos marisqueiros e a resposta que, aló polo mes de xuño, podan dar tanto o berberecho como a ameixa. Na súa mente unha soa cuestión: que non veña outro inverno duro como o foi o pasado.

Como complemento, que dunha vez por todas a consellería do Mar asuma a necesidade de afrontar un cambio definitivo na polìtica medioambiental. ´

E imprescindible. E na Xunta, sábeno. De por que non actúan os que deben facelo, ninguén dí nada. 

Será que non importan?…

Nen sequera poden dicir que chova!….(Por se chovera de máis).

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.