A praia da Lombiña-Cabío recupera a Bandeira Azul

13 Maio 2024

A praia de Lombiña-Cabío na Pobra do Caramiñal é unha das praias distinguidas coa Bandeira Azul pola Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), segundo se anunciou a semana pasada.

Este areal suma un novo recoñecemento trala obtención no pasado ano do SICTED (Sistema Integral de Calidad Turística En Destino) xunto coa oficina do Turismo, o Museo Valle-Inclán e a praia dos Areos; un galardón no cal traballou a Concellaría do Turismo, tal e como apuntou a edil Estefanía Ramos, continuando así coa “estratexia de apostar pola calidade turística no noso concello”.

Por iso, a Administración local decidiu neste 2024 levar a cabo os trámites para acadar a dita distinción, os cales resultaron frutíferos. “Este distintivo é recoñecido internacionalmente e pon de manifesto que cumprimos cunha serie de condicionantes ambientais e de calidade nos seus servizos e instalacións”, manifestou Ramos, para quen isto é “un aliciente máis para seguir traballando, seguir dando a coñecer a Pobra do Caramiñal e fomentar un turismo respectuoso co medio e coas persoas; un turismo sostíbel e de calidade”.

Nesta mesma liña tamén se pronunciou o concelleiro da Mocidade, Eloy Sobrido, quen declarou que “no aspecto turístico, A Pobra ten absolutamente de todo, pero si que considerabamos importante recuperar este distintivo. Cremos que é unha praia que cumpre con tódolos requisitos e das máis concorridas, polo cal decidimos dar o paso”.

Sobrido anunciou que o litoral pobrense contará durante os meses de verán con socorristas mediante unha convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego que sairá no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) ao longo desta semana. Cinco contrataranse con fondos propios do Concello no período que vai dende mediados de xuño ata mediados de setembro, ademais doutras contratacións xa supeditadas a subvencións da Xunta de Galicia.

Amais, engadiu que formarase unha bolsa de emprego para a brigada de obras e servizos municipais que recolle os postos de operarias/os de limpeza viaria e espazos naturais; convocatoria que tamén se publicará no dito boletín en datas próximas.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.