O Estadio da Alta converterase en epicentro do VII Trofeo de Atletismo Barbanza no 19 de maio

13 Maio 2024

O atletismo será o gran protagonista do calendario deportivo da Pobra do Caramiñal esta fin de semana: o 19 de maio a atención concentrarase no Estadio Municipal da Alta, a partir das 10.30 horas, co VII Trofeo de Atletismo Barbanza.

A este respecto, o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, afirmou que se trata dun evento deportivo que “destaca pola súa vistosidade e o nivel dos e das atletas, polo cal está asegurada unha competición de calidade.”

Organizado polo Concello da Pobra do Caramiñal, coa colaboración da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo (FGA), esta cita acada maior relevancia en 2024, segundo engade o edil, ao coincidir co 40.º aniversario do ente deportivo, “que é un importante axente dinamizador da vida deportiva da nosa localidade.”

Reunirá as probas de triplo salto (da sub-16 en diante), lanzamento de peso (a partir da sub-16), disco (da sub-16 en diante), xavelina (a partir da sub-16) e metros lisos en distintas distancias, dende a sub-8 á absoluta.

Estímase que a participación supere as/os 250 atletas, se ben as inscricións de balde continúan abertas ata as 20.00 horas do mércores 15 na páxina web sdp.rfea.es.

Os premios consistirán en trofeos e medallas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.