O Museo do Gravado de Artes mostra en maio fondos da Real Academia Galega de Belas Artes e as viñetas humorísticas de Laxeiro

12 Maio 2024

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vai inaugurar esta tempada (este mes de maio) dúas novas e destacadas exposicións, de gran interese non só para os seareiros das distintas técnicas do gravado senón tamén os afeccionados á arte contemporánea en xeral e mesmo ás expresións máis artísticas da comunicación.

Trátase das seguintes mostras:

SALA 1: Exposición Os Traballos de Hércules. Colección de gravados dos fondos académicos.

Esta exposición procede dos fondos da Real Academia Galega de Belas Artes que vai celebrar os 175 anos da súa creación durante o ano 2024-2025. Con esta exposición inícianse os actos de celebración desta efeméride da Academia elixindo o Museo do Gravado como primeiro lugar expositivo para esta celebración.

A inauguración celebrarase o 23 de maio, ás 12.30 h e asistirá á inauguración o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e mais o presidente da RAGBA, Manuel Quintana Martelo, ademais doutros académicos e autoridades.

SALA 2: Exposición Os Monos de Laxeiro. Obra humorística na prensa.

Exposición procedente da Fundación Laxeiro de Vigo. A inauguración terá lugar o 31 de maio, ás 12.30 h. Está previsto que asista o alcalde de Vigo, Abel Caballero e o director artístico da Fundación Laxeiro, Javier Pérez Buján, entre outras autoridades.

A Fundación Laxeiro presenta unha proposta na que, por vez primeira, pódense ver todas as viñetas humorísticas que Laxeiro publicou na prensa, en concreto nos xornais El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, nos anos 1928, 1929 e 1930. Segundo as entidades impulsoras da mostra, esta é un acontecemento cultural de primeira orde, xa que nunca antes se vira este interesante traballo de Laxeiro na súa totalidade. Co gallo da exposición a editorial Laiovento publica o libro homónimo, no que reproduce a totalidade das viñetas (corenta e nove) acompañadas ademais con textos asinados por Manuel Igrexas, Félix Caballero e Javier Pérez Buján.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.