“Na percura de verdades irrefutables sobre o naufraxio do Villa de Pitanxo” – Antón Luaces

11 Maio 2024

Xa non son, exclusivamente, as apreciacións dos peritos xudiciais relacionados co informe sobre o afundimento, o pasado 15 de febreiro de 2022, do arrastreiro de Marín Villa de Pitanxo. É, agora, unha resolución xudicial a que valida a principal proba técnica das causas dese afundimento. No ditame pericial non houbo, polo tanto, os erros denunciados polas defensas da casa armadora e o patrón do buque.

Nun comunicado feito público por estes, amosaban a súa disconformidade co informe da Sección Terceira do Penal da Audiencia Nacional e co papel desempeñado polos peritos xudiciais.

O informe pericial evidencia agora que o naufraxio “foi consecuencia da neglixencia de Padín” (o patrón do arrastreiro), e conclúe que “a causa máis probable  do afundimento do Villa de Pitanxo foi un erro humano do patrón pola falta de percepción cabal do risco de afundimento que supuña a manobra para librar o embarre do aparello do fondo mariño, con mar e vento de popa e a tolva de descarga  de refugallos aberta, poñendo en grave risco a seguridade do barco e a dos seus tripulantes.

Como segunda causa da traxedia, o informe coida “factor constituínte do accidente a demora coa que o patrón deu a orde de abandono de buque á tripulación, o que condiciona o abandono de xeito ordenado e con algunhas posibilidades de éxito”.

Nun terceiro aspecto contribuínte do accidente, o informe recorre á falta de familiarización dos tripulantes coas súas obrigas e funcións atribuídas no cadro orgánico para solucións de emerxencias, así como co uso dos traxes de supervivencia, chaleques salvavidas, equipos de supervivencia das balsas salvavidas e os dispositivos radioeléctricos de salvamento, o que permite entender  a falta de formación a bordo e a non realización de exercicios periódicos de abandono de buque, cuestións que amais do patrón, afectan tamén aos armadores -Pesquerías Nores- polo seu presunto consentimento desta inseguridade laboral. 

O recurso dos avogados pretendía anular o informe elaborado por peritos xudiciais designados polo Xulgado Central número 2 da mesma Audiencia Nacional, que se encarga da causa que investiga a presunta comisión de 21 homicidios  por imprudencia grave (entre outros delitos).

O Villa de Pitanxo afundiu en augas de Terranova na amencida do 15 de febreiro de 2022, falecendo neste accidente 21 tripulantes. Só o patrón do buque, un mariñeiro -sobriño deste- e outro mariñeiro de nacionalidade ghanesa son os superviventes do naufraxio que conmocionou á Galicia mariñeira.

A resolución xudicial coñecida agora da valor ao informe elaborado polos peritos designados polo xulgado instrutor, considerados capacitados para o labor encomendado.

As defensas do patrón e a casa armadora do buque afundido, solicitaran a nulidade da proba, desacreditando aos peritos.

Dende o momento no que os superviventes chegaron a Marín, o mariñeiro natural de Ghana -residente en Galicia dende fai uns anos- fixo recaer no patrón a responsabilidade persoal no  naufraxio do Villa ded Pitanxo, acusación que ratifica actualmente a Audiencia Nacional.

Outros artigos

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.