A Pobra activa un obradoiro de conciliación para o día 20 de maio

12 Maio 2024

Na senda de seguir a favorecer a compatibilización da vida persoal e laboral das familias, a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal lanza un obradoiro de conciliación para o 20 de maio.

Como xa é habitual, este transcorrerá no CEP Salustiano Rey Eiras, no horario das 09.00 ás 14.00 horas. O importe establécese nos 3 euros por nena/neno, cun desconto do 50 % á segunda irmá ou irmán e de balde para a/o terceira/o.

A maiores, as familias poderán optar aos servizos de Madruga e de Comedor, dos cales cómpre consultar as condicións.

“Esta é unha mostra máis da aposta da Administración local en materia de conciliación dirixida ás crianzas da infantil e da primaria para os días non lectivos, ademais dos obradoiros que poñemos en marcha nas vacacións do verán”, salientou a concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos.

A data límite de inscrición é o 15 de maio. O trámite pódese formalizar a través do Departamento da Igualdade, situado fronte á casa do concello, no teléfono de contacto 981832764, coa extensión 6, ou no enderezo electrónico igualdade@apobra.gal.

Polas tardes refórzase a conciliación co Espazo de Coidados Corresponsables, o cal leva en funcionamento dende o inicio do curso no mencionado centro educativo, de luns a venres, das 16.00 ás 21.00 horas. Trátase dun servizo municipal de balde suxeito a un mínimo de participantes.

Ámbalas propostas atópanse ao abeiro do Plan Corresponsables cofinanciado polo Ministerio da Igualdade.

Máis información nas canles xa referidas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.