En Ribeira as aulas dos Servizos Sociais Comunitarios acollen até xuño actividades formativas de alfabetización para adultos

10 Maio 2024

O equipo de coordinación das sesións de Alfabetización para Adultos do Concello de Ribeira está conformado polo Instituto Nº1, o departamento de Servizos Sociais Comunitarios, Cruz Vermella Ribeira e Cáritas Parroquial de Ribeira, e ten como propósito promover a integración social e cultural de persoas inmigrantes da comunidade local.

Este programa de alfabetización estase levando a cabo os xoves pola mañá nas aulas dos Servizos Sociais Comunitarios, ao longo de sete semanas comprendidas entre maio e xuño. Cada sesión ten unha duración dunha hora e media e inclúe accións e discusións grupais sobre actividades da vida diaria, deseñadas para mellorar as habilidades sociais dos participantes.

Onte, o concelleiro de Servizos Sociais e tenente de alcalde, Vicente Mariño, acompañou ao grupo na súa saída á Biblioteca Municipal, onde atenderon a unha explicación sobre como empregar o servizo a cargo do bibliotecario Xoán Callón.

Este programa tamén inclúe a formación en habilidades sociolaborais e autocoñecemento, ferramentas e recursos da contorna en materia de orientación laboral, así como o desenvolvemento de habilidades para a procura de emprego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.