“Falamos de paisaxe”. Luís Celeiro

09 Maio 2024

Un estudio realizado pola Fundación Santa María La Real, entidade sen ánimo de lucro,
“privada e independente”, identifica, define e cataloga vinte e catro tipos de paisaxe
diferentes nas cinco Comunidades Autónomas polas que pasa o Camiño de Santiago
Francés, que comprende tamén sesenta e nove unidades paisaxísticas, ao longo de 173
municipios. Esta Fundación ten como obxectivo a mellora da sociedade, mediante a posta
en marcha de proxectos e iniciativas baseadas nas persoas, no patrimonio e na paisaxe.
Como indican moitos dos responsable municipais desta ruta, a paisaxe configura a
identidade dos lugares por onde transitan os peregrinos, enriquecendo aqueles aspectos
artísticos, arquitectónicos, lingüísticos e culturais. A propia Asociación de Municipios do
Camiño de Santiago (AMCS) tamén lle dá voltas a este tema e prepara xornadas de debate
para ensinar, difundir, observar e aprender, para non sorprenderse dos efectos que pode
achegar inmediatamente o cambio climático.
Pero, que é a paisaxe? E, cales son esas paisaxes diferentes ou esas formas distintas de
interacción do home co medio? Cal é o papel que desenvolven os peregrinos?
Naturalmente, as xentes que andan están condicionadas polo clima, polos cambios que nel
se producen, polo recorrido e polas características do mesmo. Para salvar as dificultades, as
investigacións apuntan á necesidade de comprender, entender e, xa que logo, observar o
dicir de quen vive na contorna do Camiño.
A xente, obviamente, dá esencia e fundamento ao Camiño de Santiago, ao pasar e ao ver
aos que pasan. Todos, uns e os outros teñen presente a ameaza constante do cambio
climático, dese aumento esaxerado da temperatura, do risco de incendios forestais de difícil
comprensións e, como di o informe da Fundación Santa María La Real, o papel tan negativo
e tan perigoso das chuvias torrenciais, que, como di a Tía Manuela, “ninguén sabe cando
empezan e, moito menos, cando acaban”.
E, se falamos de paisaxe, falamos de poboación e poboamento, de usos da terra e dos
costumes de traballala, da vexetación e da fauna. Falamos do que vemos, sentimos,
escoitamos e andamos. A paisaxe é a vida enteira nos lugares, nas cidades e naqueles
espazos que recorre guiada polos camiños que van e veñen, que paran e seguen.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.