Unha persoa foi rescatada polos servizos de emerxencias logo de caer nas rochas dunha praia na Illa de Arousa

09 Maio 2024

Unha vez rescatada, a muller tivo que ser evacuada en ambulancia.

Estaban a piques de ser as 10:00 horas desta mañá cando unha persoa informou ao 112 Galicia de que caera nunhas rochas dunha praia próxima á illa de Areoso. A muller estaba ferida logo da caída, polo que lle resultaba difícil saír da zona.

Tras saber isto, os xestores do 112 Galicia informaron ao ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Vilagarcía, Garda Civil de Pontevedra e Policía Local da Illa de Arousa.

Xa no lugar, tanto Bombeiros como efectivos da Policía Local axudaron á ferida a desprazarse ata a ambulancia para que fose atendida e trasladada.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.