A Marea de Noia propón a recuperación da Feira do Libro

08 Maio 2024

A Marea de Noia fixo unha proposta para a recuperación da Feira do Libro.

Manolo Seijas, responsábel da agrupación, explicou que “Noia é unha das vilas culturais máis importantes de Galicia, con escritoras e escritores locais de gran prestixio” polo que a Feira do Libro “sería un evento importante para a súa promoción”.

Segundo explicou, a Feira do Libro ten tres obxectivos fundamentais: “A promoción da lectura e polo tanto mellora na oferta cultural da nosa vila, promoción das persoas escritoras locais e dinamización turística”.

Tamén lembrou que “xa hai máis de 14 anos que este importante evento cultural non se celebra en Noia esta feira, que gozaba de gran éxito xa que atraía numerosos visitantes á nosa vila” e dende a Marea apuntan que “ é tempo de recuperala”.

Seijas apuntou que “esta feira ten que ter a ambición de permanencia no tempo, debemos innovar para que sexa unha referencia no sector, unha cita imprescindíbel para os amantes da lectura e converterse nun referente cultural da provincia”

Indicou ademais que se poden crear actividades paralelas e relacionadas coa feira para facela máis atractiva.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.