SEA e o Colexio de Enxeñeiros Industriais queren facer avanzar a sustentabilidade dos polígonos

31 Xaneiro 2020

A xerente de SEA (Suelo Empresarial del Atlántico), Beatriz Sestayo, mantivo este venres unha xuntanza co decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Oriol Sarmiento, co fin de estudar xeitos de optimizar a sustentabilidade dos parques empresariais de SEA, entre os que se atopan o de Rianxo e A Pobra do Caramiñal (amais doutros 11 complexos industriais galegos). Na cita, na que tamén participou o delegado na Área de Santiago do Colexio, Fernando Blanco, púxose de manifesto a boa sintonía acadada para pór en práctica fórmulas conxuntas de crecemento racional, respectuoso co medio ambiente e eficiente.

De feito, Sestayo sinalou que a sustentabilidade é un dos “elementos base para impulsar o crecemento das áreas industriais e clave para o seu presente e o seu futuro”. Pola súa banda, Oriol Sarmiento e Fernando Blanco Silva deron a coñecer a actividade do Colexio e fixeron fincapé na “necesaria consideración dos enxeñeiros industriais como os técnicos formados e preparados de xeito específico en materia de polígonos e parques empresariais”.

Como lembraremos, Suelo Empresarial del Atlántico é unha sociedade participada nun 83,44% polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a través de SEPES; nun 14,26% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo; nun 1,65% por Abanca e un 0,65% pola Xunta, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia. SEA xestiona na actualidade 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados e situados na provincia de Lugo (Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade), na da Coruña (Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo) e na de Pontevedra (Vilanova de Arousa e Catoira).

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.