“Unha amendoeira na praza da rioxana Alcanadre”. Antón Luaces

06 Maio 2024

O cariñés Valentín Galage -defensor a ultranza do acontecer de Cariño (A Coruña)- espertou a través das redes sociais a curiosidade, primeiro, e o interese, dempois, de quen esto escribe ao se ao se ter feito eco Valentín Galage dun acontecemento que vai desembocar na realización dun documental que levará o título “La flor del almendro”. Neste vai relatarse a vida e morte do alcalde republicano de Alcanadre (A Rioxa), Agustín Martínez Royo, afusilado durante a Guerra Civil española.

 O documental tenta reflexionar sobre o valor da memoria nun momento e unhas circunstancias pouco ou nada propicias ao recoñecemento, por parte dalgunhas organizacións políticas, do valor da memoria histórica.

Segundo o devandito relato, no foi doado atopar o corpo dese alcalde, elixido tres anos antes da guerra, en 1933, após ser torturado e finalmente asasinado en Tudelilla, a poucos quilómetros do seu pobo, na mencida do 14 de agosto de 1936. Alcanadre xa estaba ocupado polos falanxistas.

Algúns testemuños recollidos no xornal rioja2 por Ester Fernández García, a memoria recente da historia nace en 1979, cando en España comezabamos a vivir  a/e en democracia. Daquela eran lembranzas que aseveraban que, cando asasinaron a Agustín Martínez Royo, este gardaba no peto algunhas améndoas que,, polo visto, abrollaron cando o corpo do que fora alcalde “entrou en descomposición” e dese seu corpo abrochou unha amendoeira.

As testemuñas falan de que os asasinos de Martínez Royo empregaran un brazo deste, previamente rompido polo cóbado e polo hombreiro, para o golpear  e que “mesmo lle arrincaron os testículos”. 

 Foi, o alcalde de Alcanadre, “o primeiro dos 29 asasinados” nese concello rioxano.

A exhumación dos seus corpos tivo lugar vai facer 45 anos, e Alcanadre pasaba a ser recoñecido como un dos primeiros pobos de España en desenterrar das foxas que ocupaban os corpos dos que a intolerancia levara por diante. Uns estaban na contorna de Alcanadre, e outros no cimeterio de Torrero, en Zaragoza.

Algunhas das persoas do pobo lembraban a guerra e as súas consecuencias. E seguindo esas lembranzas, os encargados da recuperación dos restos dos asasinados, comezaron os desenterramentos a partir da crenza de que poderìan estar nos arredores da amendoeira que alí había. 

Foi un traballo duro, que os levou a constatar que a amendoeira nacera no peito do que fora alcalde electo do pobo en 1933, a partir dunhas améndoas que abrocharan nos restos de Agustín Martínez Royo, que actualmente repousan nun panteón do cimeterio local. 

Noutros pobos, como é o caso de Cariño, unha lápida de mármore adosada á parede da igrexa lembra exclusivamente aos “caídos por Deus e pola Patria”. Como se os que loitaran a prol da República non o fixeran así. 

Cantas améndoas, cantos toxos e silveiras terán abrochado en gavias e valos a partir dos restos de cidadáns que, polo feito de viviren en España e seren ou sentírense republicanos, pagaron coas súas vidas tal sentimento. 

(Agradezo a Valentín Galage, cariñés, a descuberta da información que me guiou á memoria histórica que hai quen non quere asumir na España de 2024. Aló eles).

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.