
O Centro Cultural Lustres Rivas acolleu este xoves 2 de maio a inauguración da exposición Bienal de Pintura do Eixo Atlântico, onde estiveron presentes a Concelleira de Cultura; Antía Alberte Maneiro, a comisaria da exposición Marta Ferreira, o xestor cultural do Concello de Ribeira, Unai González, os concelleiros Luis Furones e Cruz Rivadulla e dous dos artistas participantes na mostra; a compostelá Maria Eiras e o noiés Pío Costa.

A mostra está composta de 25 obras de temática variada e estilos diversos que abarcan dende o óleos ata o colaxe. A exposición estará ata o vindeiro 28 de maio no Lustres Rivas, pois das 10 cidades nas que estará só 3 son galegas.

A nova edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico inclúe pezas de artistas de Galicia e o norte de Portugal para a súa edición número 14. Un total de 104 participantes presentáronse á bienal para poder expoñer as súas obras, pero foron seleccionadas finalmente 25. O xurado estivo formado por Helena Mendes Pereira, Sara Pérez Bello, João Ribeiro dá Silva, Patrícia Oliveira e Tito Senna.



