Boiro acolle a partir deste luns a mostra “Orgullo da nosa lingua” da Secretaria de Política Lingüística

03 Maio 2024

O Concello de Boiro inaugura este luns unha exposición sobre a riqueza do galego no marco do programa FalaRedes da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística). Estamos a falar da mostra Orgullo da nosa lingua: o galego é un tesouro para compartir, que estará situada no mes de maio na rúa peonil de Boiro con posibilidade de visitas guiadas para os centros de ensino.

A iniciativa desenvólvese nos concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística e en Boiro estará entre o 6 e o 12 do mes. A mostra está composta por nove paneis que recollen as diversas peculiaridades do galego coa finalidade de poñer en valor a súa riqueza e convidar á cidadanía a falalo.

Haberá visitas guiadas para os centros de ensino o martes de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas; o mércores de 10.00 a 14.00 horas; o xoves de 16.00 a 20.00 horas; o venres de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas; e o sábado de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

Para as visitas guiadas é necesaria inscrición previa na Casa da Cultura de Boiro ou no teléfono 981 84 84 25.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.