“As toniñas poden mudar a augas máis frías e desaparecer das costas galegas”. Antón Luaces

01 Maio 2024

Confeso que sinto unha atracción moi especial polas toniñas, eses cetáceos de pequeno tamaño e constantes brincos que acompañaron -como se abriran paso- ao buque “Río Francolí” (se mal non lembro da Compañía Trasatlántica) no que viaxei de neno dende o Porto da Luz (Gran Canaria) ao de Vigo, a principios dos anos 50 do século pasado. Dos tres días e catro noites de travesía, pasei moitas horas contemplando as evolucións dunha familia de toniñas a escasos metros da proa do buque-correo e, entre o lusco e o fusco, escoitando as cancións dos mariñeiros que se acompañaban dun acordeón entre as que nunca fallaba “Adiós, mujer; adiños para siempre adiós”…

Pois as toniñas, tan familiares no Atlántico galego, poden mudar de mares a causa do cambio climático (que leva a augas máis frías o peixe que comen), o tránsito permanente de barcos e, probablemente, os aeroxeradores mariños.

A toniña non se ve con facilidade. Din os especialistas que é debido ao seu carácter tímido e, ao mesmo tempo, pola falta de observacións directas sobre a especie. 

Din asé mesmo que hai pouca literatura científica sobre este cetáceo, que é o de menor tamaño de todo o Atlántico Norte. De feito, non existen datos exactos sobre o número de exemplares que nadan en augas galegas, se ben os censos cifran entre 300 e 500 os que integran un dos últimos redutos  mundiais ou “santuario”  desta especie. 

Mais un informe realizado polo Bottlenose Dolfihn Research Institute (BDRI), con sede no Grove, publicado na revista Marina Biology, advirte que os parques eólicos mariños que poderían construirse no litoral galego, así como o tráfico marítimo, son as principais ameazas  dunha especie que “xa está en perigo de extinción”.

O director do devandito instituto e ecólogo, Bruno Díaz, reciomenda recoñecer con urxencia a ecoloxía e o comportamento das toniñas, porque “se non, imos quedar sen elas”. 

Este cetáceo, xa desaparecido no Mediterráneo, pero presente ao longo de toda a costa atlántica peninsular -con maior concentración de exemplares entre Fisterra e Porto (Portugal)- atópase nunha situación comprometida e,  ao non se tomar medidas que garantan a súa conservación. corre o risco de pasar, como a toniña do Golfo de California, por un grave declive ata case a súa extinción. 

Os propios pescadores pasaron de perseguilos (coidaban que espantaban e mesmo comían grandes cabtidades do peixe que eles pescaban) a protexelos, por decatarse de que, en boa medida, eran indicadores dos bancos de peixe.

Ao longo de oito anos, o Instituto grovense estudou 287 grupos de toniñas e un total de 1.383 indivíduos, quedando claro que se moven pola comida. Por este motivo sábese por que aparecen nuns sitios e non noutros.

Non hai estudos de distribución sobre as especies que consumen e moito menois das non comerciais. Foron avistados centos de exemplares variables como a temperatura das augas, que poderían influir no seu comportamento. 

Un dos factores que máis negativamente impactan sobre as toniñas é o tráfico mariño, porque onde hai moitos barcos a motor, as toniñas non queren estar. 

As capturas accidentais da pesca tamén significan unha ameaza para as toniñas, que teñen unha taxa de supervivencia anujakl do 82%, cuestión que xustifica que, en 2019, o Comité Científico de Conservación aprobara o cambio de categoría de conservación, pasando de “vulnerable” a estar “en perigo de extinción”, o que indica unha mortaldade aditiva incompatible coa viabilidade desta poboación. 

No declive da especie en augas ibéricas tamén pode xogar un papel decisivo a enerxía eólica mariña, especialmente no sur das Illas Cíes e o último sector da costa norte, polo que se recomenda a realización de estudos detallados de cara á posible implantación de eólicos nestas zonas. 

Segundo o director do Instituto do Grove xa citado a toniña é difícil de estudar: é tímida, esquiva, de pequeno tamaño e só se deixa ver se o mar está en calma. 

Deben imprantarse medidas sociais para frear o seu declive, e a súa conservación tamén depende de implicacións socioeconómicas como a regulación da pesca en certas zonas especialmente sensibles ou ben en determinados períodos do ano nos que a presenza destes cetáceos é moi alta.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.