Este venres Talía Teatro representa a súa peza “deseXo” na Casa da Cultura de Boiro

29 Abril 2024

A Casa da Cultura de Boiro acolle este 3 de maio a estrea na nosa comarca de deseXo, unha peza para público adulto a cargo de Talía Teatro. Será ás 21.00 horas deste venres.

A función lanzaralle ao público a seguinte listaxe de preguntas: Como foi a nosa educación sexual? Estamos preparados para ter unha sexualidade sa? Sabemos como afrontar as nosas relacións? Somos capaces de educar ás próximas xeracións? Onde aprendemos o que sabemos sobre sexo? Na pornografía? Nas redes sociais? E que consecuencias ten formarse así?

deseXo é unha comedia na que seguiremos a varios personaxes a través das súas publicacións nas redes, vendo como afrontan a súa día a día, as súas relacións, os seus desexos e os seus medos.

É unha obra sobre a pornografía, tanto real como social; unha reflexión cómica sobre un mundo que vai cada vez máis rápido, onde aprendemos en liña, e onde todo, absolutamente todo, está exposto.

Ficha artística

Autor: Diego Rey

Dirección: Diego Rey

Elenco: Marta Ríos e Dani Trillo


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.