En Portosín xa se respira o nacional de ILCA 4

29 Abril 2024

Juan Caballero (texto e fotos). A ría de Muros e Noia será escenario, do 1 ao 5 do próximo mes de maio, do Campionato de España de ILCA 4 (anterior Láser 4.7), modalidade por excelencia xuvenil na vela española e que achegará á comarca do Barbanza a 150 regatistas chegados desde todos os recunchos das comunidades federadas no deporte da vela.

Organizado polo Real Club Náutico Portosín, o campionato despregará un amplo operativo marítimo-terrestre para atender e proporcionar seguridade e calidade a unha cita considerada de alto nivel pola Real Federación Española de Vela, institución convocante de maneira conxunta e por delegación na Real Federación Galega, sendo o Real portosinense sede e marco do seu desenvolvemento.

Non en balde, nas súas instalacións lévase respirando, desde hai varios días, un gran ambiente coa chegada adiantada dalgúns dos embaixadores que, por comunidades, forman o elenco dos deportistas que aquí estarán representadas, unha avanzada para ir coñecendo as augas sobre as que navegarán, o seu comportamento con diferentes ventos e as súas correntes, así como as posíbeis láminas sobre as que se instalará o campo da regata.

A inauguración celebrarase este mércores 1 de maio, unha xornada dedicada á medición, confirmación de inscricións e documentación, sendo as sete e media da tarde a hora crave para a posta de longo do campionato. As probas comezarán o xoves 2 de maio ás 11 da mañá, con 12 mangas previstas ata o vindeiro domingo.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.