“O Ulla e a ría de Arousa: Dez anos de feridas sen cicatrizar” – Toño Nóvoa

29 Abril 2024

Hai unha década daquela data que non queremos acordar, cando nos ceos de media Galicia se fixo no día a noite por unha nube fabril. Foi o día cando as augas do Ulla e de Arousa quedaron emborralladas. O malfadado accidente da fábrica de celulosa vomitou a calamidade sobre o río e a ría. Desde entón, as augas, que un día foron pulo de vida e prosperidade, gástanse nunha loita impenitente contra a devastación e o abandono.

As comunidades ribeirás, veciños que durante xeracións atoparon no río e na ría o seu sustento e fogar, enfrontan o presente dun desolador panorama que, disque, nunca ía a suceder. Pero esta realidade crúa xa se escribía en sombras un lustro atrás do accidente. Nese momento, a factoría comezou a verter os seus residuos ao río a diario, acumulando os tóxicos discretamente augas abaixo e envelenando silenciosamente a vida no Ulla e na Arousa. A pesar doutros desastres ambientais precedentes, ninguén agardaba tal afundimento, polo menos non con esta magnitude.  

O Ulla, bulideiro de vida e fonte de riqueza, é agora un eco amargo do que foi. As augas, que un día rebentaban de vida, están contaminadas. As troitas e os salmóns, as anguías e as lampreas, as ras, os lagartos e os tritóns, desapareceron, e as toupas da auga, as lontras e outros poboadores das ribeiras deixan baleiro tras baleiro. Aquela paisaxe exuberante e chea de cores quedou enfraquecida, é terra queimada de tristura e abandono, non alimenta. Ao vir o maio apenas uns poucos paxaros pían. As xentes que durante séculos viviron do río e da agricultura das veigas, sofren o azoute do desemprego e a penuria, sen poder atopar esperanza no horizonte.

Mais non é só o Ulla quen sofre. A ría de Arousa, xoia da natureza e corazón dunha economía vital para a nosa terra, está a piques de sucumbir. As ameixas, berberechos e navallas, que unha vez abondaron nas súas praias, hoxe veñen de fóra. As bateas de mexillóns e ostras son unha dorida lembranza doutro tempo mellor. Xa non desova, cría e pasta a sardiña, nin acode o arroaz. Este xa non é mar para pescadores. As praias, antes ateigadas de xente e de vida, están baleiras, alodadas polo lixo e o desalento. Aqueles comedores que un día serviron os mellores pratos de peixe e marisco e agora pechados, perderon a ilusión de ter clientes que os visiten. A esperanza é ver resistir os poucos negocios aínda abertos.

Pobos e vilas ribeirás, onte motor económico e cultural destas terras, vense ás portas do seu ocaso. Familias que durante xeracións viviron do mar e da terra están a pouco do desamparo, sen saber como seguir adiante sen coller as maletas e marchar lonxe das súas raíces. Sen materias primas para alimentar as fábricas, nin estas nin os talleres se sosteñen. As cisternas provén racións de auga potable polos pobos das ribeiras. A situación ten pouco consolo. É unha traxedia que puxa queda por borrar do mapa unha parte fundamental da nosa historia e identidade. Será este o fin dun país que foi enganado, ou do que se deixou enganar?

Cando as augas enfermaron, a xente enfermou. Non podemos seguir ignorando a ameaza que aínda late forte. É hora de actuar, de esixir responsabilidades aos causantes e de tomar medidas urxentes para salvar o Ulla e a ría de Arousa do abandono e a creba. A súa supervivencia depende de nós, e nós dependemos das súas augas. Non permitamos que o descoido e a indiferenza acaben con eles. É tempo de unirse e de traballar para salvar as augas que nos sustentan.

Atención! Ningún ser vivo sufriu danos debido á súa mención nesta nova ficticia, e tomáronse precaucións adicionais para preservar as augas e a paisaxe, asegurando que o seu esplendor perdure para as xeracións vindeiras. Estás a ler unha inocua nova dun mañá. Mais a fábrica que se di inocua, non é.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.