O alumnado de cociña e café-bar de Boiro realiza prácticas conxuntas no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira

26 Abril 2024


O alumnado participante na Acción Formativa para Desempregados (AFD) de cociña e as alumnas do módulo formativo de café bar do Programa Integrado de Emprego de Boiro, está a realizar esta tempada prácticas de forma conxunta. O concelleiro de Formación e Emprego, Roberto Lojo, participou nunha demostración realizada no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira.

O obxectivo desta proposta é que os alumnos e alumnas realicen prácticas á hora de servir a clientes ademais da propia elaboración dos produtos. Mentres que o alumnado da formación AFD en cociña realizou unha serie de pinchos variados, as alumnas do curso de bar do Programa Integrado de Emprego elaboraron unha variedade de cócteis.

O concelleiro Roberto Lojo dirixiuse ao alumnado para agradecer o convite á degustación: “É un orgullo para nós ver que esta formación que se desenvolve aquí ten estes resultados que hoxe podemos degustar e que estou seguro que vos axudará na búsquea de emprego”.

Segundo lembrou o edil, o Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira do Concello de Boiro acolle cada ano máis de 300 persoas que se forman en distintas modalidades co obxectivo de “lograr unha saída laboral nos sectores produtivos máis demandados na comarca”. Na actualidade, engadiu, estase a desenvolver un Programa Integrado de Emprego, destinado a 100 mulleres desempregadas; un Obradoiro de Emprego medioambiental no que 20 alumnos e alumnas se forman en forestal e xardinería; un curso AFD de cociña con 15 alumnos e outro curso AFD de atención sociosanitaria con outros 15 alumnos.

Ademais das aulas de formación, o Concello de Boiro aposta polo emprendemento neste centro de Espiñeira, que conta cun Viveiro de Empresas e un espazo coworking (Lab Barbanza) que forma parte da Rede de Espazos de Traballo Colaborativo da Deputación da Coruña para que proxectos emprendedores poidan botar a andar a súa iniciativa empresarial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.