“Todos quixemos ser residentes en Grándola, a vila morena de Zeca” – Antón Luaces

25 Abril 2024

Portugal, 24 de abril de 1974. Unha cativiña introduciu un caravel vermello no canón do fusil dun soldado luso que levaba bordado no corazón o respecto ao pobo (que é, e foi)  quen máis ordena.

Cincoenta anos dempois de que os galegos -como moitos españois daquela- sentiramos o orgullo e, de paso a envexa, de ver como un pobo -non so Grándola- facía valer o seu poder porque era “o que máis ordena” en Portugal cando aquí, na España embridada e refreada polo franquismo non eramos quen de facer o que a nena lusa fixera no seu país cun caravel de caraveis, o pobo español segue en shock polo si ou polo non dunha decisión, a de Pedro Sánchez, que nin se sabe a onde nos conduce. Porque non temos caraveis vermellos que alumeen as rúas sombrías dun país do que nunca tanto se falou nun día pola incerteza das augas nas que a todos nos toca remar.

Grándola é terra seca e dura no Portugal sureño de pozos sen fondo nos que a roldana canta por metros para traer á superficie unhas pingas de auga coas que apagar a sede das figueiras. Terra europea de homes e mulleres con sucos ben marcados na faciana tostada polo sol, que despega e mantén a esencia das súas vidas. 

España diversa, que se pregunta sobre o valor da xustiza, dos xuíces, dos políticos e a súa imbricación no pobo que lles paga e que, en demasiadas ocasións, se preguntan sobre o que os diferencia do pobo portugués, que segue a ser quen máis ordena, cando aquí quen ordena semella ser calquera menos o que o pobo decide.

Un 25 de abril de vai 50 anos no que un caravel vermello tivo máis forza, máis poder de decisión ca unha bala na recámara dun fusil que, presumiblemente, tremaba coma un buxo nas mans dun soldado que rememoraría o vivido en Angola e que un día estivera acuartelado en Matosinhos, ás portas de Porto e o seu palacio de Cristal onda unha vez cantou o sancristán de Coimbra na radio dun coche que circulaba a boa velocidade pola ponte de Maia Salgueiro sobre o río Texo.

Portugal, tan preto e tan lonxano no ser e o sentir deste abril escuro nunha España que quere e non pode poñer caraveis na historia máis próxima. 

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.