Unha queima non autorizada en Ribeira xerou a alerta a tarde deste mércores . Un particular informou ao 112 sobre un incendio nunha leira en Deán Pequeno.
A pesar do despregamento de recursos,policias local e nacional, un helicóptero, dúas brigadas de medio ambiente, só o grupo de emerxencias municipal interveu e logrou extinguir as chamas en poucos minutos. Tras investigar o lugar, a Policía Local determinou que o lume se orixinou debido a unha queima non autorizada nunha leira que se estendeu ata unha plantación de xuncos.
A persoa responsable deste incidente enfronta unha sanción que podería oscilar entre 100 e 1.000 euros. Isto débese a que a Xunta suspendeu todas as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso desde o 15 de abril.




