“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

25 Abril 2024

Nunca vivimos na España democrática posterior ao franquismo unha situación semellante: un presidente do Goberno, elixido pola maioría -exígua, pero maioría- do Congreso dos Deputados formula o que, para min, non é outra cousa que o plebiscito ou refrendo público para continuar a exercer “a alta honra” de continuar á fronte dese Goberno que se está a ver atacado pola “dereita e a ultradereita” non polo que  o goberno que preside Pedro Sánchez fai, senón polo que a dona deste significa como base para o propio Sánchez. 

Así o manifestou o presidente do Goberno a última hora da tarde de onte nun comunicado feito público após a denuncia presentada contra a súa esposa, Begoña Gómez, no que salienta os ataques sen precedentes contra esta por parte da dereita e ultradereita que lle levan a formular se debe continuar á fronte do Goberno “ou renunciar a esta alta honra”. “Necesito parar e reflexionar”, di Pedro Sánchez, quen pospón ata o luns a comunicación oficial da súa decisión ao respecto. Ata entón, 29 de abril, Sánchez cancela a sua axenda pública.

Verdadeiramente, nunca tal se vira. Nen sequera nos piores momentos desta longa etapa de democracia parlamentaria -dende Adolfo Suárez a Pedro Sánchez- o obxectivo a bater foi a cónxuxe do presidente da nación. Mesmo semellaba días pasados que, Feijoo polo PP e Sánchez polo PSOE, estableceran un pacto de non agresión na sesión de control. Pero a investigación xudicial contra a esposa de Pedro Sánchez colmou o vaso da resistencia: a apertura de dilixencias por un maxistrado de Madrid (sen consultar á Fiscalía) contra Begoña Gómez -baseada a decisión nunha denuncia do pseudo sindicato “Manos Limpias”- por tráfico de influencias foi o desencadeante desta situación que o líder da oposición, Alberto Núñez Feijoo, quixo xustificar sinalando que Sánchez tentaba “victimizarse” dicindo “cousas impropias dun primeiro ministro”.

A pregunta é se o presidente vai continuar ou non  exercendo as funcións que, en boa lei, lle corresponden. Nada desto figura, seguramente, no “Manual de resistencia” que o propio Sánchez escribiu (e que non lín). Pero avogo pola continuidade no exercicio dunha presidencia gobernativa que nen Feijoo nen Abascal poden, a día de hoxe, poñer en discusión: os apoios dos deputados da cámara baixa -negados a Feijoo e Abascal pola cidadanía representada no Congreso- son os que o impiden, algo que ningún destes dous líderes políticos queren entender e nos que, ao meu xuizo, debe basearse a decisión que agardo de Pedro Sánchez: continuar, e que tanto o Congreso coma o Senado, se preocupen máis polas cousas que afectan directamente aos cidadáns e polas que todos nós lles pagamos algo máis que o salario mínimo interprofesional.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.