A comunidade de A Creba participou nunha excursión á comarca de Ortegal

23 Abril 2024

As usuarias e usuarios da Asociación Saúde Mental A Creba, emprazada na comarca do Barbanza, veñen de participar (a pasada fin de semana) no Programa de Casa en Casa, unha iniciativa que parte de FEAFES – Galicia, que é a federación galega de agrupacións de familiares e persoas con enfermidades mentais, encaixada dentro de FEAFES, confederación a nivel estatal. O lugar escollido foi a Casa de Turismo Rural Berdeal, que se atopa no concello de Mañón, un municipio da comarca de Ortegal.

Estaca de Bares, o porto do Barqueiro, Espasante, Viveiro, os cantís de Loiba ou o miradoiro de Augas Cálidas foron algúns dos enclaves visitados nesta estadía da comunidade de A Creba, que busca a inclusión comunitaria, a participación no lecer das persoas con doenzas mentais e o respiro familiar.

Araceli Martínez Silva e Alba Blanco Allo son as técnicas de A Creba que acompañaron ao grupo, o cal, segundo confirmou a dirección da asociación, quedou “encantado” con este programa e xa se comprometeron a repetir en vindeiras ocasións. De feito valoraron de forma “moi positiva” este tipo de actividades que apostan pola vida máis aló do centro e fan que se normalicen as vidas das persoas con estas enfermidades.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.