As contas de Porto do Son medran un 4,8% con respecto ás do ano pasado

23 Abril 2024

O pasado venres 19 a Corporación municipal de Porto do Son celebrou a súa sesión plenaria do mes de abril, na que se aprobaron os orzamentos para este ano, que teñen unha contía de 12,3 millóns de euros e que representan un incremento con respecto ás contas de 2023 dun 4,8%. Entre os obxectivos prioritarios figura un dos grandes desafíos asumidos neste mandato polo actual equipo de Goberno: o saneamento integral de todos os núcleos de poboación. A folla de ruta inclúe traballos en Xuño (melloras na depuradora), obras na Atalaia (O Son) e a instalación de fosas sépticas en Basoñas. O Concello, con estes e outros proxectos puntuais, que ir achegándose ao cen por cen dos núcleos e das parroquias equipadas con saneamento.

Na axenda tamén se contempla (entre outras iniciativas) o arranxo do depósito da Vila (99.000 euros con cargo ao Plan de Compensación Ambiental) e (no apartado de investimentos) obras destinadas a humanizar os núcleos de Silva-Goiáns, Basoñas-San Pedro e Cruceiro-Xuño. Nos orzamentos tamén se inclúe a habilitación dun novo parque infantil en Nebra ou a posta a punto do Campo de Fútbol do Preguntoiro.

Amais, destinaranse 121.000 euros ao Plan de Infraestruturas Rurais e 52.000 para o Plan de Mellora de Camiños.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.