A explotación autonómica da EDAR de Couso podería incorrer nun sobre-custe do 75% sobre o modelo de xestión municipal

29 Xaneiro 2020

Mañá xoves 30, ás 20.00 horas, terá lugar un pleno de carácter extraordinario e urxente no que a corporación municipal de Ribeira abordará a aprobación, ou non, do convenio polo que Augas de Galicia cede a explotación da EDAR de Couso ao Concello. Ante esta circunstancia, a Administración local solicitou e recibiu orzamentos cos que cuantificar economicamente os dous escenarios que se poden dar en virtude do que voten os grupos, é dicir, que a estación depuradora recaia no Concello e sexa xestionada transitoriamente por medio da empresa actual, Aqualia, en tanto non se saque a licitación conxuntamente cos colectores; ou ben que a leve Augas de Galicia a través de Tragsa.

Comparados ambos orzamentos, despréndese que a proposta formulada por Augas de Galicia (Tragsa) para a explotación e o mantemento da EDAR de Couso alcanzaría os 682.977 euros anuais; mentres que de ser Aqualia, os custes pola xestión desta mesma instalación se situarían en 390.247 euros, sen IVE en ambos casos.

Á vista destes datos, cunha diferenza de 292.730 euros, tal e como manifesta a análise realizada ao efecto por unha empresa externa especializada “poderíase incorrer nun sobre-custe do 75% na xestión da EDAR de Couso respecto da alternativa a manter á entidade Aqualia, que na actualidade xestiona o conxunto das instalacións (a través do contrato con ACUAES que expira o próximo 31 de xaneiro de 2020).”

O informe tamén reflicte unha estimación do custe integral do sistema, incluíndo colectores, tanques de tormenta e gastos enerxéticos. Así, no caso dunha xestión única no Concello, o montante total apuntado sería de 981.236’52 euros, mentres que no suposto de xestión compartida con Augas a cifra elevaríase ata 1.273.966’88 euros, supoñendo un 29’8% máis.

O estudo advirte de que se están analizando propostas económicas de urxencia que non están afectadas polas rebaixas económicas derivadas de acudir a un proceso de libre competencia no mercado, de tal xeito que as cifras analizadas son susceptibles de ser minoradas.

Por outra banda, Augas de Galicia citou ao Concello para pasado mañá, ás 11.00 horas, a efectos de facer entrega das instalacións.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.