“O ADN incendiario de Galicia non se corresponde co dos galegos”. Antón Luaces

21 Abril 2024

Boa a ten armada a nova conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia, María José Gómez -profesora de inglés no ensino secundario e moi vinculada á cultura na súa actividade política ata o de agora, amáis de ter sido dende 2019 alcaldesa do concello lucense de Guntín- que considerou que os incendios forestais están “no ADN de Galicia”. 

As críticas dos partidos da oposición no Parlamento de Galicia teñen, ao meu criterio, xustificación, malia ir no seu descargo a condición de recén chegada á política galega.

Tamén pode contar na súa descarga o escasísimo tempo que leva como conselleira do Medio Rural e que é unha muller nova na estrututa gobernativa e no seu DNI, cuestións estas que, obviamente, non permitiron a María Josè Gómez ter un máis amplo coñecemento da realidade que envolve ao feito incendiario nos montes de Galicia.

Imos ver: na súa exposición recente sobre os incendios forestais na comunidade galega (pouco máis de 900 o ano pasado, que non son poucos, pero sí menos que en anos anteriores) a conselleira non tivo en conta, probablemente, que o 60% do solo forestal corresponde a montes de titularidade privada, o que provoca que, maioritariamente, o coidado dese monte estea a cargo de persoas de avanzada idade (dado o éxodo das persoas xoves das zonas rurais) e o desamparo no que atinxe á xestión do solo de titularidade pública. Tampouco se pode esquecer a política de reforestación que se aplica por, a veces, estar dotada da conveniencia  propia en canto a especies arbóreas, distancias e ordenación. 

Son conclusións que para nada teñen que ver co ADN de Galicia e que tampouco se deteñen nas altas temperaturas que se rexistran alí onde de produce o maior número de incendios forestais, como tampouco o baixo grao de humidade e a velocidade do vento que inciden de xeito evidente nos incendios dada a bonanza climática que permite a rexeración case que inmediata das distintas especies arbòreas, moitas delas de alta combustibilidade, como son o pino e o eucalipto.

As pescudas sobre os incendios forestais en Galicia -con ou sen ADN- non deben circunscribirse somentes a aquelas nas que se poñen de relevo un certo grao de intención ou malicia, din estudosos do tema. De feito, aínda que algunha persoa poda iniciar de xeito ilegal un incendio forestal, non por isto se lle pode requerir unha intención clara de causar un dano, como tamén alegan os especialistas nesta materia.

María José Gómez, conselleira do Medio Rural, na súa exposición sobre a “piromanía” dos galegos, é probable que non incluira feitos tradicionais de queimas realizadas nos montes de Galicia ata os ano 60 do século pasado, cando se cavaba a roza para prantar trigo nos montes, primeiro co uso de picarañas para levantar os terróns que formaban os altos toxos (de ata dous metros) e dempois queimar eses terróns cuxa cinza ou borralla esparexían no monte cavado para, a continuación, con raños e sachos trazar os sucos nos que se sementaba o trigo que daría alimento posteriormente ás persoas e o gando.

Velaí, conselleira, o ADN dos galegos, consecuencia das necesidades padecidas durante séculos de carencias sen conto, máis tamén do seu coñecemento da agricultura, neste caso de pura supervivencia.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.