En Outes gran participación no obradoiro de Pampallíns

20 Abril 2024

O concello de Outes celebrou o obradoiro de Pampallíns co obxectivo de poñer en valor e recuperar a tradición.

No obradoiro participaron máis dunha ducia de voluntarias para preparar xuntas os Pampallíns tradicionais que farán o seu debut na noite do 30 de abril. Ademais das persoas que se inscribiron no obradoiro, contamos coa colaboración de ADISBISMUR e a Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes. Ditas asociacións axudaron na obtención da palla e no desenvolvemento do obradoiro.

No obradoiro contamos cunha pequena exposición e resume do traballo desenvolto polo alumnado do IES Poeta Añón que nos axudou a obter máis información de primeira man dos maiores de Outes para saber como facían antigamente os fachuzos do Pampallín: que formas buscaban, que materiais empregaban, que técnicas aplicaban e como desfilaban con eles.

Fíxose tamén un coloquio sobre as orixes desta tradición e a relación co mundo agrario e como sobreviviu durante séculos evitando a censura clerical e convertíndose nun día de liberación para a xuventude Outense dende hai moitas xeracións.

A través da tradición do rito do Pampallín pedíase abundancia e fertilidade no agro co lume como elemento central. O Pampallín é unha variante propia do noso concello que vivimos de xeito análogo coas celebracións europeas dos maios.

Pampallín, Pampallán
Aluméame o meu pan
Espigas coma carballos
E grans coma bugallos
Aí vén o trigo
Aí vén o pan

Este obradoiro conclúe os últimos preparativos de cara á gran noite da 24ª Edición do festival do Pampallín que terá lugar o vindeiro martes 30 de abril, véspera de festivo, na Praza de Galicia da Serra de Outes. Na noite farán debut os Pampallíns prendidos a través dun rito do lume e veciños e visitantes desfrutarán dunha programación musical de grandísima calidade da man dos grupos: Mondra, The Rapants, Lontreira e Latexo Percusión. Os máis cativos contarán co seu propio Pampallín Miúdo a partir das 17:00 da tarde na Horta do Muíño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.