Historias e inglés conflúen nunha sesión de contacontos na Pobra

18 Abril 2024

A aula de estudo situada na planta superior da biblioteca municipal Victoriano García Martí acollerá no sábado 20, ás 11.00 horas, o contacontos en inglés Storytelling Sally Senses que achega a academia Kids&Us Ribeira coa colaboración da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.
Esta actividade oriéntase a crianzas con idades comprendidas entre os 3 e 6 anos para que “dende idades temperás se vaian familiarizando co inglés a través de contos. Deste xeito, xa van captando conceptos básicos e relacionándoos con situacións das historias que se van narrar”, explica a edil Patricia Lojo.
As inscricións de balde formalizaranse en liña a través do seguinte formulario:
https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=lFv7iVNPckSwT 1meaueKv9RhMMP_MyxNpWmpnn7zP0lUMTNaQ09FMzUxQlQ4U0RUNTF
DN0dGTjZNOS4u.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.