“Os beneficiarios do SERGAS temos gañado o ceo pola paciencia” – Antón Luaces

17 Abril 2024

Hai unha saída que se brinda aos beneficiarios en Galicia do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) precisados de atención médica: acudir a urxencias hospitalarias cando hai necesidade de que o especialista comprobe o estado do enfermo. É a vía que os propios médicos de familia do SERGAS recomendan aos doentes e moitos destes vense na obriga de se acoller a tal recomendación e permanecer en consulta de urxencias hospitalarias nunha longa espera de ata máis de oito horas. En ocasións dende a tarde ata altas horas da mencida do seguinte día. Pero, ao remate, a consulta lévase a cabo. Todo sexa pola saúde, que ninguén quere perder.

Por que é así?. Acaso non hai persoal dabondo nos centros médicos do SERGAS para atender axeitadamente  a unha poboación maioritariamente avellentada e, por este motivo, derivan aos doentes ao servizo de urxencias, pero sen que quede constancia oficial de que é o propio médico de familia o que os redirixe a Urxencias?. É consciente o SERGAS de que desde este mesmo servizo se informa aos doentes de que poden solicitar que os deriven á sanidade privada transcorrido determinado tempo sen recibiren a atención que precisan?. 

Só deste xeito se pode explicar que, nas consultas de hospitais privados galegos se xunten tantas persoas para unha consulta urxente como nos propios servizos de urxencia do SERGAS que os derivan a eles. 

É vergoñento e, certamente, sen culpabilidade nesta actuación para o sempre escaso persoal médico especializado. Nen sequera para os auxiliares ou axudantes -enfermeiros- que atenden en primeira instancia a quen demandan seren liberados do mal que lles-nos afecta.

Todo isto cando, dende o propio SERGAS, se facilitan datos polos que algúns medios de comunicación informan de que a Comunidade Autónoma de Galicia reduciu en 2024 a lista de doentes pendentes dunha intervención cirúrxica. Pola contra, o tempo de demora pola primeira consulta do especialista vai in crescendo. A espera por intervencións debidas a  cataratas, hernias e próteses de xeonllo conforman o maior volume de enfermos que agardan a cirurxía que precisan. 

E aínda é pior a situaciòn de especialidades como a de neuroloxía, que pode superar os dous anos de espera e que só se pode solucionar, con moita sorte, acudindo ao Defensor do Paciente, que non  garante tal atención.

Este relato ben séi que non vai impedir que Galicia sexa considerada -como o é actualmente- a terceira comunidade española coa espera media máis curta: 67 días (8 días menos que en 2022), por detrás de Madrid (51 dìas) e o País Basco (61). O maior tempo de espera corresponde a Extremadura (181 dìas), seguida de Andalucía (174) e Cantabria (173), todos estes datos facilitados polo Ministerio de Sanidade. Pero a guinda en toda esta salsa corresponde a Madrid, que supera o millón de doentes en lista de espera: 1.003.721 persoas que agardan turno nunha lista sanitaria, cando en Galicia -con moitos menos habitantes- están á espera dunha intervención cirúrxica nada menos que 45.027 persoas.

Alguén da máis?.

Outros artigos

“Toda la noche remando…”. José Castro López

Es difícil saber si la derrota de los partidos independentistas catalanes generó en susdirigentes, además de decepción, más frustración que reflexión, pero ese veredicto delas urnas evoca el dicho popular “toda la noche remando para morir en la orilla”.Después de...

+

“Centro Empresarial da Construción” – José Manuel Pena

A construción, como o resto de actividades laborais, é fundamental para o crecemento económico e social de calquera sociedade. No ano 2003 naceu, na comarca do Barbanza, o Centro Empresarial da Construción, co obxectivo primordial de unir, defender e dignificar ao...

+

“Sociedades y relaciones liquidas”. José Antonio Constenla

Nuestros abuelos se casaban y su matrimonio era de por vida. El tiempo deduración de las relaciones de nuestros padres superan con mucho lasnuestras. 7 de cada 10 matrimonios en España terminan en divorcio y duranpoco más de 16 años, Aun así, según el CIS nos encanta...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión