
Os bombeiros do Parque Comarcal de Ribeira recibiron unha chamada ás 15:08 horas desta tarde alertando dun accidente de tráfico acontecido no polígono de Xarás, na parroquia de Artes, no concello de Ribeira.
Na colisión víronse involucrados dous turismos que ocupaban a marxe dereita da vía, un con danos no frontal e o outro coa parte traseira afectada. O condutor do primeiro automóbil precisou asistencia médica e foi trasladado en estado leve ao Hospital do Barbanza.
Logo da retirada dos vehículos procedeuse á limpeza de residuos plásticos da estrada.
No operativo tamén participou a Policía Local de Ribeira, o 061 e o Grupo de Emerxencias Municipal e Protección Civil de Ribeira.
Accidente en Palmeira
Ademais, os bombeiros do Parque Comarcal de Ribeira foron alertados ás 13:26 horas deste martes 16 de abril dun accidente de tráfico acontecido na estrada AC-305, ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no municipio de Ribeira.
A incidencia implicou a dous automóbiles que resultaron danados, un no lateral esquerdo e outro na defensa dianteira. Ningún deles desprendeu restos plásticos nin vertidos líquidos e unha das persoas involucradas resultou ferida leve.
No operativo participou tamén a Policía Local e o Grupo de Emerxencias Municipal e Protección Civil de Ribeira.



