Xa se pode solicitar o voto por correo para as eleccións ao Parlamento Europeo que se celebrarán o 9 de xuño

16 Abril 2024

Correos informou este 16 de abril de que xa é posíbel solicitar o voto por correo para as eleccións ao Parlamento Europeo que se celebrarán en España o domingo, 9 de xuño de 2024, de acordo coa convocatoria publicada este mesmo martes no Boletín Oficial do Estado.

Os electores que decidan votar por correo poden solicitar ata o día 30 de maio (inclusive) o certificado da súa inscrición no Censo Electoral correspondente. A obtención deste certificado é requisito imprescindíbel para poder emitir o voto por correspondencia e pode solicitarse, por vía telemática a través da web www.correos.es ou presencialmente en calquera oficina de Correos de España.

Solicitude de voto por correo telemática

Os electores poden solicitar o seu voto a través da web de Correos (www.correos.es), sen ter que acudir en persoa a unha oficina postal. Neste modelo de solicitude, que evita desprazamentos, o interesado debe acreditar a súa identidade mediante autenticación e sinatura electrónica, aceptándose como sistemas de identificación válidos os certificados de persoa física recoñecidos polo Ministerio de Industria na súa lista de emprestadores cualificados de servizos electrónicos de confianza e o DNI electrónico (DNI-e).

Solicitude de voto en oficinas

A solicitude de voto por correo pode realizarse en todas as oficinas de Correos de España. Esta petición debe ser realizada persoalmente por cada elector, agás en caso de enfermidade ou discapacidade –acreditada mediante certificación médica oficial- que lle impida a formulación persoal da devandita petición. Neste caso pode ser presentada en nome do elector por outra persoa autorizada notarialmente ou consularmente.

No momento de formular a solicitude, os interesados deben acreditar a súa identidade presentando ante o empregado da oficina postal o orixinal do DNI, pasaporte, carné de conducir ou Tarxeta de Residencia (no caso dos cidadáns da Unión Europea que a posúan).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.