Hoxe 7 de febreiro “Día dos Medios en Galego”

07 Febreiro 2020
A editorial “Grupo Código Cero Comunicación” e as nosas publicacións “O Barbanza”e “Código Cero” e as nosaswebs “codigocero.com”,”codigo.gal” e “obarbanza.gal” únense á celebración do Día dos Medios en Galego. Facémolo co gallo da saída da primeirapublicación xornalística realizada integramente en galego, “O Tío Marcos d’A Portela”, en 1876. Un “Día”ratificado por unha declaración conxunta de todos os partidos con representación no Parlamento Galego o propio 7 de febreiro de 2018. Un Día que serve á entidade de fío condutor para realizar as campañas de sensibilización e concienciación da necesidade de manter medios que manteñen viva e útil o noso idioma. Para celebrar o día, realizamos hoxe unha Gala do Día dos Medios en Galego. Este ano o acto terá lugar en Carballo. Este 2020 a promotora da celebración, a Asociación de Medios en Galego AMEGA (www.mediosengalego.gal) une esforzos en Carballo, onde organizará un novo acto para visibilizar a importancia e a necesidade de que os medios comuniquen na nosa lingua e darlle luz aos máis de 100 medios que hai en activo (incluíndo revistas especializadas, tanto dixitais como impresas) contanto, en galego, o que pasa no noso país. . A cita terá lugar en Carballo hoxe venres 7 de febreiro, a partir das 20:30h no Casino1889, unha entidade cultural centenaria, rexurdida pola mocidade carballesa neste último lustro. O acto será presentado, en clave regueifeira, por Lupe Blanco, estará amenizado por Avelino González, e contará a participación de representantes da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Deputación da Coruña e do Concello de Carballo, colaboradores do evento. Despois duns petiscos, pechará o acto a banda muradá Terbutalina, cun magnífico concerto, rememorando aquela Gala de 2011 celebrada en Compostela onde a banda colaborara coa AMEGA no marco da campaña Vitaminas para o Galego. En 2018 celebrouse en Barallobre (Fene), na que interviron 25 persoas relacionadas coa nosa cultura e cos medios. En 2019 a Gala tivo lugar en Pontevedra, e contou coa presencia de Touriñán e Ugia Pedreira. Un evento que nos serviu para “sacar peito” e fachendear de coidar a nosa lingua, de ennobrecela a través de usala, de darlle máxima utilidade. Se ben a AMEGA formámola arredor de 60 medios (radios, edicións impresas, xornais dixitais…) vimos de contrastar que hai activos máis de 100 medios (incluíndo revistas especializadas, tanto dixitais como impresas) contanto o que pasa no noso país.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.